Emerxencias – Xoán Curiel

Emerxencias

Cando

3 de Xullo de 2026    
12:00

Onde

Biblioteca Municipal
Lugar Pazo de Irixoa 14, IRIXOA, A Coruña, 15313, A Coruna

Sinopse

Trátase dunha proposta inmersiva, unha experiencia positiva e valorizadora para empoderar e dar voz a mozas e mozos que fan parte da expresión artística emerxente en lingua galega. A idea consiste nun concerto, mais tamén nun proceso que comezará cun obradoiro previo de creación de cancións. Algunhas das cancións creadas neste obradoiro serán cantadas no concerto por Xoán e/ou polas creadoras e creadores participantes. Deste xeito será tamén unha experiencia emocional positiva e socializadora que contará coa presenza e desfrute de amigos, familiares e demais público asistente ao concerto.

Información adicional

Compañía/Artista: Xoán Curiel
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Música
Tipo de público: XERAL
Programa: Lingua a escena
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio