
Cargando mapa....
Eventos relacionados
- LAVANDEIRAS - VERO RILO - 22 de Agosto de 2026 - 13:15
- TRALALAREIRA - VERO RILO - 19 de Setembro de 2026 - 20:00
- PELICA DE BURRA - VERO RILO - 23 de Novembro de 2026 - 10:00

Ano 2.735. Despois dunha incrible viaxe no tempo, Pelica de Burra, a nosa protagonista, aterra nun futuro sen xogos, sen contos, sen música¿ nun futuro terrible. Ante isto, decide regresar ao pasado para atopar as palabras perdidas: ¿Peliquiña Meee, por aquí non é!, por aquí tampouco, entón... por onde?¿ Este retrouso levaranos cara a solución dun mundo sen diversión. PELICA DE BURRA é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música para primeira infancia da man da narradora e educadora Vero Rilo acompañada do músico Luís Iglesias. Música, narración oral, tradición, xogos de colo, arrolos, igualdade e moito conto é o que achegan nesta nova proposta.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.