
Cando
15 de Outubro de 2026
18:30
Onde
Centro Sociocultural de Vite
Rúa de Carlos Maside 7, SANTIAGO DE COMPOSTELA, A Coruña, 15704, A Coruna
Rúa de Carlos Maside 7, SANTIAGO DE COMPOSTELA, A Coruña, 15704, A Coruna
Sinopse
Nun recanto máxico, onde as palabras medran como sementes, atopamos a Leira das Primeiras Palabras. Aquí, entre carballos falangueiros e paxariños contadores de contos, os máis pequenos descubrirán a musicalidade da lingua galega a través de rimas, sons e cancións. Nesta sesión de contacontos, bebés e familias navegarán entre contos sinxelos e interactivos, que fomentarán a exploración das primeiras palabras en galego. Sons, xestos e expresións unirán emoción e significado, convertendo cada sílaba nunha festa para os sentidos. A través de historias cativadoras, xogos de repetición e dinámicas participativas, potenciaremos a adquisición da linguaxe e o apego ao galego dende os primeiros anos
Información adicional
Compañía/Artista: MARISA IRIMIA
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Narración oral
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Lingua a escena
Cargando mapa....
42.8914223
-8.5398858
Eventos relacionados
- A LEIRA DAS PRIMEIRAS PALABRAS - MARISA IRIMIA - 4 de Xaneiro de 2027 - 17:30
- AQUÍ PASA ALGO RARO - MARISA IRIMIA - 20 de Marzo de 2027 - 12:00

