A PARÁBOLA DO ANGAZO – TALIA TEATRO

A PARÁBOLA DO ANGAZO

Cando

7 de Novembro de 2026    
21:00

Onde

casa cultura Porto do Son
Rúa Atalaia 11, PORTO DO SON, A Coruña, 15970, A Coruna

Sinopse

No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan morniñas que non dan dito nada, e algunhas tan afiadas que mesmo parece que aguilloan ao falar. E entre todas elas está a nosa, a galega. Con A parábola do angazo queremos sacar a lingua a pacer. Imos botar unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro. Así, rindo a eito, poderemos tirar da nosa lingua para sacala ben fóra e demostrar que aínda ten moito que dicir.

Información adicional

Compañía/Artista: TALIA TEATRO
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Teatro
Tipo de público: XERAL
Programa: Lingua a escena

Video  / Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio