AS NOSAS LETRAS – MAGO TETO

AS NOSAS LETRAS

Cando

17 de Maio de 2026    
18:00

Onde

campo do rollo
Rúa Campo do Rollo s/n, CORCUBIÓN, A Coruña, 15130, A Coruna

Sinopse

O Mago Teto achega o seu primeiro espectáculo coa dinamización e defensa do galego como vehículo condutor das diferentes maxias que contén o espectáculo. ¿ AS NOSAS LETRAS¿ rende unha homenaxe á cultura, á tradición e ás costumes galegas a partir dunha escolma de destacadas pezas da literatura galega. Dende as primeiras manifestacións literarias en galego, ata as letras das cancións dos grupos da nosa terra escritas nos últimos anos, pasando polos Séculos escuros , o Rexurdimento, e o século XX, coas súas guerras, ditaduras e prohibicións, que tanto influíron na situación actual da lingua galega.Imos unir maxias e letras para ilusionar e divulgar co galego.

Información adicional

Compañía/Artista: MAGO TETO
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Maxia
Tipo de público: XERAL
Programa: Lingua a escena
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio