BAILAR AGORA – cía martaalonsotejada

BAILAR AGORA

Cando

27 de Febreiro de 2026    
20:30

Onde

AUDITORIO DO CENTRO CULTURAL
Rúa CULTURA - CENTRO CULTURAL FERNANDO CASAS DE NOVOA EN SIGÜEIRO 1, OROSO, A Coruña, 15888, A Coruna

Sinopse

Monólogo danzado en clave de autoficción. Unha homenaxe ao corpo, á creación e ao pracer de bailar. Premiado en FETÉN, nos María Casares, na MIT de Ribadavia e en FETEGA, Bailar Agora consolidouse como espectáculo revelación en Galicia no ano 2021. A peza combina danza, comedia e palabra para contar a historia dunha bailarina que, tras décadas de traxectoria, se atopa fronte á necesidade de reconectar co desexo e co pracer de seguir bailando. Con humor, tenrura e unha posta en escena coidada, Marta Alonso Tejada diríxese ao público para compartir un percorrido vital que é tamén unha declaración escénica: bailar agora, sen máis pretensión que estar presentes, aquí e agora.

Información adicional

Compañía/Artista: cía martaalonsotejada
Tipo de espectáculo: DANZA - Danza contemporánea
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo

Video  / Web
Mapa non dispoñible

Eventos relacionados

Scroll ao inicio