Un tranvía chamado desexo – Sen Cancelas Teatro

Un tranvía chamado desexo

Cando

17 de Outubro de 2026    
20:30

Onde

Teatro Coliseo Noela
Rúa Curro s/n, NOIA, A Coruña, 15200, A Coruna

Sinopse

A compañía Sen Cancelas Teatro leva a escena "Un tranvía chamado desexo", un clásico do teatro universal, considerada a obra mestra do dramaturgo estadounidense Tennessee Williams, e que acadou o prestixioso premio Pulitzer en 1948. Esta obra foi levada ó cine en varias ocasións, e escenificada en multitude de teatros de todo o mundo. Sen Cancelas Teatro constrúe a súa versión xogando coa ficción e a realidade, presentando un mundo onírico nunha atmosfera cargada e calorosa. Enfrontando á súa protagonista co descrédito dos que a rodean e cos seus propios medos e reproches dentro dunha sociedade patriarcal e opresora. Unha obra desgarradora cunha forte carga emocional e interpretativa.

Información adicional

Compañía/Artista: Sen Cancelas Teatro
Tipo de espectáculo: TEATRO NON PROFESIONAL - Teatro
Tipo de público: XERAL
Programa: Alicerce

Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio