
Cando
25 de Novembro de 2025
20:00
Onde
PADERNE
Lugar CONSISTORIO, PADERNE, A Coruña, 15314, A Coruna
Lugar CONSISTORIO, PADERNE, A Coruña, 15314, A Coruna
Sinopse
En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos. Unha desventura cómica que bebe tanto das grandes e populares producións cinematográficas de superheroes, como da apaixonante experiencia persoal da paternidade, que pretende ser unha sentida e sincera homenaxe a todos e todas @s superheroes e superheroinas que, día a día, nos fan a vida máis doada, fermosa e divertida.
Información adicional
Compañía/Artista: FRAN REI
Tipo de espectáculo: TEATRO - Contacontos ou monologos
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Cargando mapa....
43.2803138
-8.1447804