
Eventos relacionados
- Rilla Rilla - Xarope Tulú - 11 de Outubro de 2025 - 12:00
- Meco e Sono - Xarope Tulú - 13 de Decembro de 2025 - 12:00
- Rilla Rilla - Xarope Tulú - 2 de Xaneiro de 2026 - 18:00
Bailen as vellas, os contos das cereixas é unha proposta de narración oral para público adulto que reivindica a literatura, a música e a poesía de transmisión oral co galo das Letras Galegas 2025. A linguaxe defínenos. E traer as voces de todas estas mulleres a escena permite recuperar un material simbólico e identitario vinculado coa lingua. Este é un espectáculo que intenta recuperar unha cosmogonía, un espazo onde se pon en valor a lingua e onde se lle quere botar un pulso á diglosia. Bailen as vellas, os contos das cereixas promove o uso e a normalización do galego dando a coñecer a falantes que morreron e que tanto tiñan que dicir.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.