Xa que o sabes, voucho contar (e cantar) · Federico Pérez – Federico Pérez

Xa que o sabes, voucho contar (e cantar) · Federico Pérez

Cando

28 de Novembro de 2025    
00:00

Onde

Culleredo
A Coruna

Sinopse

Cando pensamos que o sabemos todo, igual é o momento de pensar que non temos nin idea. Ou igual a nosa versión dos feitos non é a única boa. É máis, igual é a peor versión de todas. Que quero dicir con isto? Non o sei. Pero estame gustando escribilo. Este espectáculo pretende rirse de si mesmo e de que a xente ría con el. Este espectáculo é a miña versión dos feitos. E de que feitos estou falando? Pois estou falando de cando eu nacín, de como me criei, da miña nai, de meu pai, de miña avoa, do lugar no que medrei, de onde estou agora e, sobre todo, do lugar ao que, seguro, vou chegar: a morte.

Información adicional

Compañía/Artista: Federico Pérez
Tipo de espectáculo: TEATRO - Comedia
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo

Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Non hai eventos relacionados
Scroll ao inicio