
Cando
24 de Xaneiro de 2026
19:00
Onde
Auditorio Casa da Cultura de Outes
Avenida San Campio 1, OUTES, A Coruña, 15230, A Coruna
Avenida San Campio 1, OUTES, A Coruña, 15230, A Coruna
Sinopse
Nanai naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas rexéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que non, e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do río Yangtsé en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sempre sae tan ben como imaxinaron.Nanai da China é un espectáculo de teatro para público familiar onde os títeres e os actores se fusionan para representar un conto orixinal cheo de maxia, aventuras e humor.A peza foi gañadora do Premio María Casares 2024 na categoría de monicreques.
Información adicional
Compañía/Artista: Pérez & Fernández
Tipo de espectáculo: TEATRO - Monicreques
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Cargando mapa....
42.8435448
-8.9076768