Golpes – aAntena

Golpes

Cando

22 de Novembro de 2025    
12:00

Onde

CARIÑO
Rúa SANTIAGO VARELA ORIZALES, CARIÑO, A Coruña, 15360, A Coruna

Sinopse

Pamela é unha moza que sufriu violencia machista. Namorou crendo nos postulados do amor romántico e agora por fin pode falar dos golpes que recibiu. A través da obra expón como foi entrando no círculo da violencia e como lle atravesaron as desigualdades. Conta que un dos golpes máis grandes que recibiu foi verse convertida noutra persoa. É por iso que quere compartir as súas experiencias, para que ningunha outra muller pase polo que tivo que vivir ela. Golpes é un espectáculo próximo que xoga co impacto directo dunha posta en escena sostida sobre unha mínima escenografía. Unha peza de Aantena dirixida por Xosé Leis e protagonizada por Estíbaliz Veiga.

Información adicional

Compañía/Artista: aAntena
Tipo de espectáculo: TEATRO - Drama
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo

Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Non hai eventos relacionados
Scroll ao inicio