
Cargando mapa....
Eventos relacionados
- CHISTES QUE FORON CONTOS - AVELINO GONZALEZ - 17 de Decembro de 2026 - 18:00
- CHISTES QUE FORON CONTOS - AVELINO GONZALEZ - 30 de Decembro de 2026 - 20:00

Moitos dos chistes que se contan agora foron contos hai tempo. E en todas partes hai moito que contar. Rabuñando un pouco, en todas partes saen personaxes pintorescos ou importantes, lendas de mouras e tesouros, anécdotas e sucedidos tráxicos ou cómicos ou amorosos. Pra esta sesión de contos fago unha busca e recolla en libros, literatura local, blogues, páxinas web como www.galiciaencantada.com ou http://patrimoniogalego.net/ e tamén na toponimia e o vocabulario do lugar onde se conte. E así, créase un repertorio no que se poderá recoñecer o lugar e a xente. Estas historias poderían ser argumentos de series de televisión, pero non saen nas series de televisión. Así que... imos contalas!
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.