IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER – COMPAÑÍA HUMANA

IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER

Cando

17 de Outubro de 2025    
20:30

Onde

Centro Social Polivalente
Avenida Santa Minia 46, BRIÓN, A Coruña, 15865, A Coruna

Sinopse

Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días rondando as rúas. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. Unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda. Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara a sociedade que a marxina. Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros a humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria e os recortes na sanidade pública. Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.

Información adicional

Compañía/Artista: COMPAÑÍA HUMANA
Tipo de espectáculo: TEATRO - Drama
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Non hai eventos relacionados
Scroll ao inicio