
Cargando mapa....
Eventos relacionados
- UN SABER - ALANA - 13 de Xuño de 2026 - 23:00
- UN SABER (LINA E LOLA) - ALANA - 16 de Agosto de 2026 - 23:55
- UN SABER (LINA E LOLA) - ALANA - 16 de Outubro de 2026 - 22:30

Antía Vázquez (voz e pandeireta), Eloy Vidal (teclado, guitarra e voz) e Pablo Castro (percusións e gaita) forman Alana. Un proxecto musical que mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop. A proposta da banda parte das recollidas, un traballo feito coa colaboración de mulleres e homes que desinteresadamente contribúen a preservar a riqueza da música e da tradición. O xeito á cántigha é o seu primeiro disco. Nunha das recollidas de Dorothé Schubarth recompiladas no Cancioneiro Popular Galego, Delfina de Cerceda explícalle á musicóloga como dar ¿o xeito á cántigha¿ nas melodías das muiñeiras e das xotas. Esa gravación de hai máis de 40 anos é a orixe que dá nome ao disco
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.