Rilla Rilla – Xarope Tulú

Rilla Rilla

Cando

11 de Outubro de 2025    
12:00

Onde

CARIÑO
Rúa SANTIAGO VARELA ORIZALES, CARIÑO, A Coruña, 15360, A Coruna

Sinopse

Donas e cabaleiras, señoras e señores, picarada toda... Benvidas ao concurso sobre a lingua onde apañamos as palabras coma se fosen berberechos, onde o rotacismo forma parte da banda sonora e o seseo nos ha facer viaxar entre valumada . Se non oístes falar do cínefre, ou non sabedes o que é un día de garabullos, se nunca se pousou en vós unha lagáchima, andade atentas! Abride ben os ouvidos e deixádevos levar por esta música de salitre. Remangade ben o pantalón, que para apañar palabras é preciso mollar os pés! Preparádevos para recoller eses vocábulos que case nunca medran nos libros. Se queredes saber o que significa rilla-rilla, poñede atención¿O espectáculo vai comezar!

Información adicional

Compañía/Artista: Xarope Tulú
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Teatro
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Lingua a escena

Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio