DANZACONTOS: “A marabillosa viaxe da pinga Pingona” – Laura Martínez Rey

DANZACONTOS: "A marabillosa viaxe da pinga Pingona"

Cando

18 de Novembro de 2025    
17:30

Onde

Biblioteca Municipal de Ortigueira
Rúa Márquez Cortiñas, ORTIGUEIRA, A Coruña, 15330, A Coruna

Sinopse

Unha espelida pinga de chuvia chamada Pingona, fai unha parada no camiño das nubes ó mar, para axudar ó Polbo Xan na procura de algo moi especial por mar e terra. Acompañaremos a estes amigos nunha fermosa historia de empatía, escoita, comprensión e amizade, mentres exploramos elementos do mar, o ceo, a terra e o ciclo da auga. Sendo ondas ou chuvia, enchéndonos das cores do arco da vella, converténdonos en animais e bosques, respirando, bailando, cantando e trotando, descubriremos un fermoso amor sen fronteiras.

Información adicional

Compañía/Artista: Laura Martínez Rey
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Narración oral
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Lingua a escena

Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio