
Cando
25 de Outubro de 2025
12:00
Onde
SALA USOS MULTIPLES EDIFICIO ARQUIVO
Praza GALICIA 1, BETANZOS, A Coruña, 15300, A Coruna
Praza GALICIA 1, BETANZOS, A Coruña, 15300, A Coruna
Sinopse
Nun recanto máxico, onde as palabras medran como sementes, atopamos a Leira das Primeiras Palabras. Aquí, entre carballos falangueiros e paxariños contadores de contos, os máis pequenos descubrirán a musicalidade da lingua galega a través de rimas, sons e cancións. Nesta sesión de contacontos, bebés e familias navegarán entre contos sinxelos e interactivos, que fomentarán a exploración das primeiras palabras en galego. Sons, xestos e expresións unirán emoción e significado, convertendo cada sílaba nunha festa para os sentidos. A través de historias cativadoras, xogos de repetición e dinámicas participativas, potenciaremos a adquisición da linguaxe e o apego ao galego dende os primeiros anos
Información adicional
Compañía/Artista: MARISA IRIMIA
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Narración oral
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Lingua a escena
Cargando mapa....
43.2788532
-8.2108217
Eventos relacionados
- UN MONSTRO MOI LARPEIRO - MARISA IRIMIA - 22 de Decembro de 2025 - 12:00
- POESÍA CON MOITO CONTO - MARISA IRIMIA - 23 de Febreiro de 2026 - 12:30