CRIATURAS – GRUPO MUNICIPAL DE TEATRO DE RIBEIRA

CRIATURAS

Cando

22 de Novembro de 2025    
20:00

Onde

Sociedade Cultural e Recreativa "A Pombiña"
Lugar Torre 23, NARÓN, A Coruña, 15597, A Coruna

Sinopse

O grupo municipal de teatro de Ribeira pon en escena esta comedia ¿Criaturas¿, co obxectivo de conseguir entreter ao público e xerar as risas entre o espectador así como promover unha reflexión sobre a distancia que ás veces separa a maiores e pequenos. Trátase dunha áceda visión da infancia e da idade adulta que pon en cuestión quen é máis criatura, se o neno ou o adulto.Sobre as táboas recréase a relación, ás veces tormentosa e ás veces cómica, destes dous mundos cuxos conceptos habitualmente chocan e se confrontan. Ao longo de varias escenas os personaxes farannos rir con situacións para chorar.Na obra participa un electo de 19 persoas baixo a dirección de Óscar Romero.

Información adicional

Compañía/Artista: GRUPO MUNICIPAL DE TEATRO DE RIBEIRA
Tipo de espectáculo: TEATRO NON PROFESIONAL - Teatro
Tipo de público: XERAL
Programa: Alicerce

Mapa non dispoñible

Eventos relacionados

Scroll ao inicio