
Cargando mapa....
Eventos relacionados
- GRUPO ACORDEONS QUEIROA - ASOCIACION DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL QUEIROA - 4 de Xullo de 2026 - 16:00
- GRUPO DE GAITAS QUEIROA - ASOCIACION DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL QUEIROA - 2 de Agosto de 2026 - 12:00

"A fonte da vila" é un espectáculo que, máis alá de ser unha exhibición artística, é unha ho-menaxe á identidade galega. Ás nosas raíces e á forza das nosas tradicións. Un arrieiro, figura clave da nosa terra, atópase durante a súa travesía con escenas cheas de vida, celebracións populares e manifestacións da cultura galega onde a música e o baile to-man protagonismo. Durante máis dunha hora, o público desfrutará dunha gran mostra da diversidade da nosa tradición; froito dos traballos de investigación e recuperación levado a cabo por Queiroa por toda Galicia. Fusionando as danzas interpretadas polo grupo de baile, as melodías das pandereteiras e cantareiras e dos nosos músicos/as.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.