Unha moura aburrida, unha pallasa triste, unha trasna arrefriada…e moitos, moitos, moitos biosbard – Farándula Velutina

Unha moura aburrida, unha pallasa triste, unha trasna arrefriada...e moitos, moitos, moitos biosbard

Cando

15 de Novembro de 2025    
20:00

Onde

Local da Asociación Folclórica Cantigas e Agarimos
Rúa Castiñeiriño 21 1, SANTIAGO DE COMPOSTELA, A Coruña, 15702, A Coruna

Sinopse

A señora Moura é rica , fermosa e intelixente . Ten todo canto calquera podería desexar, pero non é quen de desfrutar da vida: está mortalmente aburrida . Cansa de contar moedas e mirarse ao espello todo o día, engana a unha trasna cumpridora de desexos para que lle solucione o seu problema. A trasna, que é unha enredante, fai o que non debe para cumprir o mandado da moura e unha pobre pallasa acaba perdendo o sorriso e chorando sen parar. Arrepentida, a trasna porá todo da súa par te para arranxar o tremendo enguedello que provocou, pero non se lle dá moi ben que digamos. Unha comedia chea de risas, moedas, esbirros, pallasadas... e moitos, moitos, moitos biosbardos.

Información adicional

Compañía/Artista: Farándula Velutina
Tipo de espectáculo: TEATRO NON PROFESIONAL - Teatro
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Alicerce
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio