
Cando
29 de Xuño de 2025
18:30
Onde
Casa da Cultura de San Sadurniño
Rúa Avenida do Marqués de Figueroa 13, SAN SADURNIÑO, A Coruña, 15560, A Coruna
Rúa Avenida do Marqués de Figueroa 13, SAN SADURNIÑO, A Coruña, 15560, A Coruna
Sinopse
Bruxo Cabacín é un show para todos os públicos no que un trasgo invisible fai a presentación do mago ao comezo dando as indicacións que serán desenvoltas ao longo da actuación. O bruxo aparecerá e comezará os seus xogos máxicos con lume, música, baile e, sobre todo, moita participación do público asistente. Os xogos con lume será feitos sempre á distancia de seguridade pertinente e sempre que o recinto os permita na súa medida. Haberá música, bailes, risas e, sobre todo, moita maxia e cousas inexplicables que farán o disfrute de pequenos e maiores. A temática escura empregada irá tornando nun ambiente afable para dar lugar ao gran final con lume e moita participación do público.
Información adicional
Compañía/Artista: Mago Iván Tourís
Tipo de espectáculo: MAXIA NON PROFESIONAL - Maxia-Ilusionismo
Tipo de público: XERAL
Programa: Alicerce
Cargando mapa....
43.533053
-8.0723664

